ES / EN
   

NOTICIAS

volver

Elaboración de plans de autoprotección en canteiras

12/09/2019

O Real Decreto 393/2007, do 23 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección establece entre as actividades sometidas á implantación dun plan de autoprotección ás "Explotacións e industrias relacionadas coa minería reguladas polo Real Decreto 863/1985".


Nun plan de autoprotección defínese cal é a estrutura de actuación ante unha situación de emerxencia, analízanse as posibles situacións que poden desencadeala e defínense as accións que se deben planificar cando se desencadea.


Días: 7 e 8 de outubro
Horario: de 16:00 h a 20:00 h
Duración: 8 horas
Lugar: Centro Tecnolóxico do Granito
Imparte: Quirón Prevención


OBXECTIVO:


O obxectivo principal de esta acción é formar aos técnicos e mandos intermedios na elaboración e implementación práctica de plans de autoprotección en canteiras e establecementos de beneficio mineiro.


DIRIXIDO A:


• Técnicos
• Mandos intermedios
• Directores facultativos
• Técnicos en PRL


CUSTO:


Esta acción é libre e gratuita previa inscripción pinchando AQUÍ.


As prazas cubriranse por riguroso orde de inscripción, dando prioridade aos traballadores das empresas asociadas.


PROGRAMA:


Pode consultar o programa pinchando AQUÍ.


A formación conta coa financiación da Xunta de Galicia a través das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais para o exercicio de 2019.











 

 

Cluster del Granito © 2012 |  Centro Tecnológico del Granito Ribeira, S/N, Torneiros. 36410 | O Porriño (Pontevedra)

986 344 043     acg@clustergranito.com
Área privada mapa web | cómo llegar | descargas | enlaces
© Ideaspropias Publicidad
Para las actividades realizadas al amparo
de la ayuda IG193.2016 financiado por: