ES / EN
   

NOTICIAS

volver

Seminario sobre o mantemento preventivo das pontes e as grúas pórtico empregadas no sector do granito. Normativa específica e protocolos de actuación

30/09/2019

Na maior parte das empresas do sector da pedra están presentes pontes grúa, grúas pórtico e traballos con cargas suspendidas. O manexo e mantemento destos equipos é unha cuestión importante para ás empresas por tratarse de tarefas que presentan un alto risco de accidentes laborais.


Os responsables de mantemento e produción, así como a dirección das empresas deben coñecer ben as disposicións legais de seguridade e as intervencións esixidas para estes equipos. Para profundizar no coñecemento dos reglamentos e normativa de aplicación, o Cluster del Granito organiza un seminario informativo.


Con este fin dende o Cluster del Granito organízase este seminario informativo.


Datas: 22 de outubro de 2019
Horario: de 9:30 h a 13:30 h.
Lugar: Centro Tecnolóxico do Granito. Ribeira, s/nº- Torneiros. O PORRIÑO (Pontevedra)


OBXECTIVO:


• Dar a coñecer os requisitos de mantemento do ponte grúa, pórtico e accesorios
• Reforzar a seguridade nos traballos con cargas suspendidas
• Detallar os puntos clave das normas de aplicación para un uso e mantemento adecuado
• Responsabilidades e recomendacións


DIRIXIDO A:


• Responsables e técnicos de mantemento
• Técnicos de Prevención de Riscos Laborais
• Responsables e encargados de producción


CONTIDOS A TRATAR:


• Introdución aos traballo con ponte grúa e cargas suspendidas
• Normas de seguridade aplicadas. Marco legal.
• Clasificación dos diferentes tipos de pontes grúa.
• Necesidades de mantemento en base aos requirimentos legais.
• UNE-EN 58919: Aparatos de elevación de serie. Polipastos. Medidas a tomar para determinar los períodos de funcionamento de los aparatos motorizados. Ciclos de uso, cargas medias soportadas, duración de manobras e células de cargas.
• Dispositivos comerciais para seguimento de mantementos preventivos.
• Responsabilidades legais de falta de seguimento ou mantemento.
• Conclusións e recomendacións.


CUSTO:


Esta acción é libre e gratuita previa inscripción

As prazas cubriranse por riguroso orde de inscripción, dando prioridade aos traballadores das empresas asociadas.


A formación conta coa financiación da Xunta de Galicia a través das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais para o exercicio de 2019.


 











 

 

Cluster del Granito © 2012 |  Centro Tecnológico del Granito Ribeira, S/N, Torneiros. 36410 | O Porriño (Pontevedra)

986 344 043     acg@clustergranito.com
Área privada mapa web | cómo llegar | descargas | enlaces
© Ideaspropias Publicidad
Para las actividades realizadas al amparo
de la ayuda IG193.2016 financiado por: